domingo, 3 de mayo de 2020

Tarefas semana do 4 ao 8 de maio


Ola queridos nenos e nenas!

Seguides ben? Espero que si! Agora tedes novo horario de saída!  Aproveitade ben o tempo pero ... con sentidiño! 

Xa vai aló outra semana! 
Xa estamos en maio!

Estas son as actividades para estes días, lede ben os enunciados e facédeas con calma.

Tedes de prazo ata o venres, e xa sabedes, cando as teñades feitas podedes enviarmas ao meu correo: marisadocobo@gmail.com.
Se pode ser en formato PDF, moito mellor.


LINGUA GALEGA

Como vos dixen, xa estamos en maio! E sabedes que antigamente, para festexar a chegada da primavera, celebrábase unha festa?
Celebrábanse OS MAIOS!!!
Na nosa zona aínda perdura en lugares como  Lourenzá.
Era unha festa para conmemorar o renacer do mundo vexetal, o remate do inverno, a chegada do bo tempo e a aparición dos primeiros froitos. 
A tradición mandaba construír un "maio" que consistía nunha estrutura de forma cónica cuberta de musgo, fiuncho ou xestas na que se colocaban flores, follas, ovos, laranxas e outros froitos. 

Esta celebración ía sempre acompañada de cantigas nas que se facía referencia ao mes de maio, ás flores, aos froitos ...
Aquí tedes algún exemplo:



“Levántate maio
que tanto dormiches,
xa pasou o inverno
e non o sentiches”.

“¿Vístelo maio?
 ¿vístelo ben?
 Se non o vistes
 velo eiquí ven”.

Como ACTIVIDADE propóñovos que, seguindo o exemplo anterior, compoñades dúas  ou tres estrofas para "Cantar os Maios". Seguro que van ser fermosísimas!!! Se queredes tamén as podedes ilustrar!!
 (Escribídeas no voso caderno e enviádemas)

Deixovos un vídeo para que vexades como se facía:


E aquí vos deixo outro vídeo, "Cantamos os maios con Habelas Hainas":






MATEMÁTICAS

Al corregir las actividades de la semana pasada, vi que alguno y alguna de vosotros tuvo problemas con los números decimales, por lo tanto vamos a seguir practicando. Donde observé mayores problemas fue en la conversión de fracción a decimal y viceversa, así como en la lectura y escritura, confundís décimas con centésimas.


¡¡Fijaos bien!!

Os vuelvo a dejar el vídeo para que recordéis:



Y para practicar 2º REPASO NÚMEROS DECIMALES


LENGUA CASTELLANA


El pasado sábado, día dos de mayo, fue el Día internacional contra el Bullying o Acoso Escolar. Ante esto todos somos responsables y debemos aportar nuestro granito de arena para que nos respetemos y vivamos libres con nuestras diferencias.
En relación a este tema os dejo este vídeo:


A continuación os propongo seguir la lectura de El Club de los Raros (capítulos 6 y 7) y realizar la siguiente FICHA CAPÍTULOS 6 Y 7


SOCIAIS

Esta semana a vosa profe Conchi envíavos unha tarefa, cando a teñades feita, se queredes,  remitídella ao seu correo:

cfcendoya@edu.xunta.es

FICHA REPASO SOCIAIS

INGLÉS

Cruz deixavos unha actividade, cando a teñades feita remitídella ao seu correo:

mopaz@edu.xunta.es

LISTENING

FICHA

MÚSICA

Entrade no Blog de Noelia, alí atoparedes a actividade desta semana.

AS CUALIDADES DO SON

E.F.

Visitade o Blog, Mari Paz deixouvos alí unha actividade para esta semana.
ACTIVIDADE FÍSICA NA CASA 3


RELIXIÓN

Estas actividades son só para o alumnado de Relixión. A profe Cristina deixavos 5 actividades para que fagades unha cada semana. 
Cando as teñades feitas podedes enviarllas ao seguinte correo:
crisguerralopez@hotmail.com

FICHA 1

FICHA 2

FICHA 3

FICHA 4

FICHA 5

No hay comentarios:

Publicar un comentario