domingo, 31 de mayo de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Que tal rapaces e rapazas?
Como vos foi a semana? Imaxino que aproveitariades o bo tempo.  Fóstedes á praia?
Xa estamos en xuño! Só quedan tres semanas para rematar o curso, así que … moito ánimo!


Antes de deixarvos a tarefa para esta semana recórdovos o de sempre:
- Lede ben os enunciados e facede as actividades con calma.
- Non deixedes o traballo para o último día. Procurade entregar no prazo establecido.
- Se tedes dúbidas poñédevos en contacto conmigo.


LENGUA CASTELLANA

Esta semana acabamos el libro El Club de los raros. Os propongo varias actividades:
1- Lectura de los capítulos 16, 17, 18 y 19.



3- Visionado del siguiente corto, hecho por niños, sobre El Club de los raros. El audio no es de muy buena calidad pero resume muy bien la esencia del libro. Espero que os guste.






LINGUA GALEGA

Algúns de vós seguides tendo problemas coas sílabas tónicas e átonas. 
Deixovos unha ficha interactiva. Recordade o procedemento: ao rematar, dádeslle a "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor", escribides os vosos datos, o meu correo (marisadocobo@gmail.com) e "enviar".

FICHA INTERACTIVA SÍLABA TÓNICA



MATEMÁTICAS


Esta semana vamos a repasar "Las medidas de masa".

1- En primer lugar mirad con atención el siguiente vídeo.


2- A continuación os dejo una ficha (para imprimir) para que pongáis en práctica lo aprendido.


3- Para practicar el cálculo os dejo un crucigrama de operaciones. 



Crucigrama de operaciones de cálculo, una ficha interactiva de charobartolo
liveworksheets.com




NATURAIS

Agora vouvos plantexar un reto mediante o que ides aprender sobre: semillas, froitos, pole, follas, ecosistemas … ao mesmo tempo que xogades. (Está en castelán pero válenos igual).

Atendede:

"Nun xardín botánico cometeuse un asasinato. Tedes que convertirvos en detectives e descubrir ao culpable. Atrevédesvos? Tedes que seguir todas as pistas e sobre todo estar atentos ao Bloc de reconto"

Eu xa o conseguín. Resolvín o "Misterio no Botánico".
Mirade o meu diploma.



Ánimo! Cando descubrades o asasino, ides conseguir un diploma coma este, completade os vosos datos, sacádelle unha foto e enviádema

A ver cantos detectives diplomados teño!!! 
Agardo as vosas fotos!!!



MÚSICA

Como van eses instrumentos? 
Seguro que moitos e moitas xa o tedes rematado.
Estou desexando velos!!!
Ánimo e recordade que tedes ata o próximo venres!


INGLÉS

Cruz deixavos unhas actividades interactivas.

INGLÉS ACTIVIDADES INTERACTIVAS

EDUCACIÓN FÍSICA

Mari Paz proponvos unha actividade moi divertida:
"A oca deportiva".
Visitade o seu blog que alí vos explica todo.

"OCA DEPORTIVA"

REFORZA - T

O profe Alejandro deixavos esta actividade. Recordade que só é para o alumnado que asistía a clase de reforzo pola tarde.
O seu correo é: alejandro.reija@edu.xunta.gal

ACTIVIDADE REFORZA - T


RELIXIÓN
Cristina enviavos a  seguinte actividade:

UN CONTO ... UNHA MALETA



Que teñades unha boa semana!!!

Mil bicos!!!😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario