jueves, 18 de junio de 2020

BO VERÁN!




Agora si!

Chegou o verán!

Hoxe recibiredes as notas e damos por rematado o curso!




Tedes por diante case tres meses para desfrutar: ir á praia, estar cos amigos e amigas, dar longos paseos ... 
Recordade, sempre con precaución!

Tedes moi merecido o descanso pero quero deixarvos unhas recomendacións para que non olvidedes o aprendido. 

RECOMENDACIÓNS


E para axudarvos na selección de libros, dende a biblioteca elaboramos unha guía de lectura.

GUÍA DE LECTURA



PASADE UN BO VERÁN!

SEDE FELICES!

MIL BICOS!



domingo, 14 de junio de 2020

AOS MEUS HEROES E HEROÍNAS!!!

Ola queridos nenos e nenas!
Como cada luns póñome en contacto con vós. 
Non vos asustedes que hoxe non é para enviar traballo !!!😀

Hoxe quero facervos unha pequena homenaxe!!!
 Vós fóstedes os verdadeiros heroes e heroínas desta pandemia.
 Dun día para outro vístesvos privados do que máis vos gusta: estar cos compañeiros e compañeiras, saír ao parque, xogar … en definitiva, privóusevos da  liberdade e obrigóusevos a quedar na casa. Con todo, seguístedes traballando,  e a maioría de vós, entregástedes as tarefas semanalmente, poñendo todo o voso interese.

Tamén quero agradecer a colaboración das familias, xa que sen elas, esta situación non sería sostible.

Aquí vos deixo un agasallo, no que  recollo diversos momentos que vivimos xuntos ao longo destes dous anos. 

Espero que vos emocione velo tanto como a min me emocionou compoñelo!!!

Un bico moi grande!!!  

AOS MEUS HEROES E HEROÍNAS!!!

domingo, 7 de junio de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola queridos nenos e nenas!
Como estades? Espero que ben!
O curso está a piques de rematar, así que ... Moito ánimo!

Antes de comenzar coas explicacións da tarefa semanal, quero comentarvos dúas cousiñas:

  • O próximo luns día 15 temos programado facer a avaliación final, é dicir, as mestras e os mestres que vos damos clase imos xuntarnos para valorar o voso traballo ao longo deste curso tan "especial". Polo tanto, esta é a última semana do curso que vos vou enviar actividades. Contentos? (je, je, je).

  • Por outra parte, debedes ir preparando os libros que tedes emprestados para proceder á súa devolución (que non leven nome, pegatinas, nada escrito ...). O mércores día 17 dende as 10,00  ata as 13,00 horas estarei no colexio para recollelos e tamén para que recollades todo o material que vos quedou na clase. Dende dirección avísanme que as familias que non devolvan os libros non terán opción a desfrutar das axudas para material escolar. 

Pois, imos co último esforzo!!!




LINGUA GALEGA
Nesta ocasión imos facer un repaso do traballado no segundo trimestre: determinantes, substantivos, adxectivos, palabras derivadas e compostas, sílaba tónica e átona e o verbo.
Cando comezou o confinamento estabamos traballando o verbo, para recordar deixo un vídeo (está en castelán pero válenos igual):



 A continuación facede os seguintes exercicios:


MATEMÁTICAS
Esta semana vamos a repasar las fracciones y la medida del tiempo.
  1.  Fracciones
Comenzamos con el visionado del siguiente vídeo:


A continuación os dejo una ficha:


  2. La medida del tiempo

En primer lugar mirad estos vídeos con detenimiento:




Para practicar debéis completar la siguiente ficha interactiva y enviármela.



Practicando las horas, una ficha interactiva de RocioGarciaLara
liveworksheets.com




NATURAIS 

Imos repasar os animais vertebrados e invertebrados.



Vertebrados e invertebrados, una ficha interactiva de jmarinocordeiro
parliveworksheets.com



LENGUA CASTELLANA 

El curso llega a su fin y con él dos años compartidos llenos de multitud de vivencias. Es el momento de hacer balance y para que podáis plasmar vuestras reflexiones elaboré la siguiente ficha.


MÚSICA

Pero canto traballástedes!!!! Que instrumento "tan chulos"!!!
Noelia fixo unha fotomontaxe con eles:

INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

Para esta semana propón unhas actividades moi divertidas:

ACTIVIDADES PARA PASALO BEN


INGLÉS
Cruz déixavos as seguintes actividades:

ACTIVIDADES INGLÉS

RELIXIÓN
Cristina proponvos a  seguinte actividade:

SOMOS AMIGOS DE JESÚS

O enderezo de Cristina: 
crisguerralopez@hotmail.com

REFORZA-T

Alejandro déixavos  estas actividades.
O seu enderezo é:
Alejandro.reija@edu.xunta.gal 

REFORZA-T

EDUCACIÓN FÍSICA

Visitade o blog de Mari Paz, tedes novas propostas.

ACTIVIDADE FÍSICA NA CASA 8




E para rematar, como a maioría de vós xa tedes o diploma de detectives, propóñovos resolver un novo caso.
Animádesvos?

EL LADRÓN DE JABÓN








Que teñades unha boa semana!
Mil bicos!      😘