domingo, 14 de junio de 2020

AOS MEUS HEROES E HEROÍNAS!!!

Ola queridos nenos e nenas!
Como cada luns póñome en contacto con vós. 
Non vos asustedes que hoxe non é para enviar traballo !!!😀

Hoxe quero facervos unha pequena homenaxe!!!
 Vós fóstedes os verdadeiros heroes e heroínas desta pandemia.
 Dun día para outro vístesvos privados do que máis vos gusta: estar cos compañeiros e compañeiras, saír ao parque, xogar … en definitiva, privóusevos da  liberdade e obrigóusevos a quedar na casa. Con todo, seguístedes traballando,  e a maioría de vós, entregástedes as tarefas semanalmente, poñendo todo o voso interese.

Tamén quero agradecer a colaboración das familias, xa que sen elas, esta situación non sería sostible.

Aquí vos deixo un agasallo, no que  recollo diversos momentos que vivimos xuntos ao longo destes dous anos. 

Espero que vos emocione velo tanto como a min me emocionou compoñelo!!!

Un bico moi grande!!!  

AOS MEUS HEROES E HEROÍNAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario