lunes, 11 de mayo de 2020

Tarefas semana do 11 ao 15 de maio

Ola de novo!
Xa pasou unha semana, e comezamos outra con novidades! Estamos na fase 1 da desescalada!
Xa podedes ir visitar aos familiares! Pero … con coidadiño!

Esta semana é especial, sabedes por que? Pois porque é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.
Nestas datas no cole estaríamos moi apurados e nerviosos ultimando os detalles para a semana do teatro, pero … non pode ser! Agardaremos para o ano!

Pero esta data non pode pasar sen máis, temos que adicarlle un tempo especial ao noso idioma xa que está de festa. Polo tanto, esta semana a tarefa irá sobre todo centrada na Lingua Galega.

Estas son as actividades para estes días, lede ben os enunciados e facédeas con calma.

Tedes de prazo ata o venres, e xa sabedes, cando as teñades feitas podedes enviarmas ao meu correo: marisadocobo@gmail.com.
Se pode ser en formato PDF moito mellor.


LINGUA GALEGA

Sabedes a quen se lle adica este ano as Letras Galegas?
Pois a Ricardo Carvalho Calero. 
Queredes saber algo del? Pois mirade atentamente o seguinte vídeo sobre o autor:

Unha vez visto o vídeo propóñovos un xogo moi divertido, un xogo de dardos. A ver que puntuación obtedes!

DON RICARDO, O XOGO

Seguimos aprendendo con xogos! Agora propóñovos un de misterio e investigación. Imos entrar na casa onde viviu Ricardo Carvalho e axudar a buscar e ordenar os seus libros.
Tedes que estar moi espertos para resolver cada misión, por cada unha que realicedes con éxito, obteredes unha clave que ides necesitar para abrir un maletín.
Ánimo, sei que o conseguiredes!

O MISTERIO DA CASA DE DON RICARDO

Seguro que xa sabedes moito sobre o autor homenaxeado, verdade?
Pois agora imos ler un fragmento dunha das súas obras e responder a unhas preguntiñas.
Espero que vos gusten!

FICHAS AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Se queredes máis información e materiais divertidos non deixedes de visitar o noso BLOG DA BIBLIOTECA

RECURSOS LETRAS GALEGAS - BIBLIOTECA


MATEMÁTICAS
Esta semana vamos a repasar la división y  su prueba.
Primeiro  recordaremos como se hace viendo el siguiente vídeo:



A continuación os dejo una ficha para poder practicar:

DIVISIONES Y SU PRUEBA

MÚSICA

Noelia deixouvos unha divertida actividade no seu blog:

ACTIVIDADE PARA 3º E 4º


EDUCACIÓN FÍSICA

Visitade o blog de E.F., Mari Paz deixouvos unha nova actividade:

ACTIVIDADE FÍSICA NA CASA 4

INGLÉS

Comunícame Cruz que ao longo da semana poñerase en contacto con vós, mediante o correo electrónico, e enviará algún traballo.


Esto é todo, só me queda dicir, tendo en conta a data na que estamos, e seguindo as palabras de  Cunqueiro.
Que a Lingua Galega viva "mil primaveras máis".

                                                                                  Boa semana


No hay comentarios:

Publicar un comentario