jueves, 18 de junio de 2020

BO VERÁN!




Agora si!

Chegou o verán!

Hoxe recibiredes as notas e damos por rematado o curso!




Tedes por diante case tres meses para desfrutar: ir á praia, estar cos amigos e amigas, dar longos paseos ... 
Recordade, sempre con precaución!

Tedes moi merecido o descanso pero quero deixarvos unhas recomendacións para que non olvidedes o aprendido. 

RECOMENDACIÓNS


E para axudarvos na selección de libros, dende a biblioteca elaboramos unha guía de lectura.

GUÍA DE LECTURA



PASADE UN BO VERÁN!

SEDE FELICES!

MIL BICOS!



domingo, 14 de junio de 2020

AOS MEUS HEROES E HEROÍNAS!!!

Ola queridos nenos e nenas!
Como cada luns póñome en contacto con vós. 
Non vos asustedes que hoxe non é para enviar traballo !!!😀

Hoxe quero facervos unha pequena homenaxe!!!
 Vós fóstedes os verdadeiros heroes e heroínas desta pandemia.
 Dun día para outro vístesvos privados do que máis vos gusta: estar cos compañeiros e compañeiras, saír ao parque, xogar … en definitiva, privóusevos da  liberdade e obrigóusevos a quedar na casa. Con todo, seguístedes traballando,  e a maioría de vós, entregástedes as tarefas semanalmente, poñendo todo o voso interese.

Tamén quero agradecer a colaboración das familias, xa que sen elas, esta situación non sería sostible.

Aquí vos deixo un agasallo, no que  recollo diversos momentos que vivimos xuntos ao longo destes dous anos. 

Espero que vos emocione velo tanto como a min me emocionou compoñelo!!!

Un bico moi grande!!!  

AOS MEUS HEROES E HEROÍNAS!!!

domingo, 7 de junio de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola queridos nenos e nenas!
Como estades? Espero que ben!
O curso está a piques de rematar, así que ... Moito ánimo!

Antes de comenzar coas explicacións da tarefa semanal, quero comentarvos dúas cousiñas:

  • O próximo luns día 15 temos programado facer a avaliación final, é dicir, as mestras e os mestres que vos damos clase imos xuntarnos para valorar o voso traballo ao longo deste curso tan "especial". Polo tanto, esta é a última semana do curso que vos vou enviar actividades. Contentos? (je, je, je).

  • Por outra parte, debedes ir preparando os libros que tedes emprestados para proceder á súa devolución (que non leven nome, pegatinas, nada escrito ...). O mércores día 17 dende as 10,00  ata as 13,00 horas estarei no colexio para recollelos e tamén para que recollades todo o material que vos quedou na clase. Dende dirección avísanme que as familias que non devolvan os libros non terán opción a desfrutar das axudas para material escolar. 

Pois, imos co último esforzo!!!




LINGUA GALEGA
Nesta ocasión imos facer un repaso do traballado no segundo trimestre: determinantes, substantivos, adxectivos, palabras derivadas e compostas, sílaba tónica e átona e o verbo.
Cando comezou o confinamento estabamos traballando o verbo, para recordar deixo un vídeo (está en castelán pero válenos igual):



 A continuación facede os seguintes exercicios:


MATEMÁTICAS
Esta semana vamos a repasar las fracciones y la medida del tiempo.
  1.  Fracciones
Comenzamos con el visionado del siguiente vídeo:


A continuación os dejo una ficha:


  2. La medida del tiempo

En primer lugar mirad estos vídeos con detenimiento:




Para practicar debéis completar la siguiente ficha interactiva y enviármela.



Practicando las horas, una ficha interactiva de RocioGarciaLara
liveworksheets.com




NATURAIS 

Imos repasar os animais vertebrados e invertebrados.



Vertebrados e invertebrados, una ficha interactiva de jmarinocordeiro
parliveworksheets.com



LENGUA CASTELLANA 

El curso llega a su fin y con él dos años compartidos llenos de multitud de vivencias. Es el momento de hacer balance y para que podáis plasmar vuestras reflexiones elaboré la siguiente ficha.


MÚSICA

Pero canto traballástedes!!!! Que instrumento "tan chulos"!!!
Noelia fixo unha fotomontaxe con eles:

INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

Para esta semana propón unhas actividades moi divertidas:

ACTIVIDADES PARA PASALO BEN


INGLÉS
Cruz déixavos as seguintes actividades:

ACTIVIDADES INGLÉS

RELIXIÓN
Cristina proponvos a  seguinte actividade:

SOMOS AMIGOS DE JESÚS

O enderezo de Cristina: 
crisguerralopez@hotmail.com

REFORZA-T

Alejandro déixavos  estas actividades.
O seu enderezo é:
Alejandro.reija@edu.xunta.gal 

REFORZA-T

EDUCACIÓN FÍSICA

Visitade o blog de Mari Paz, tedes novas propostas.

ACTIVIDADE FÍSICA NA CASA 8




E para rematar, como a maioría de vós xa tedes o diploma de detectives, propóñovos resolver un novo caso.
Animádesvos?

EL LADRÓN DE JABÓN








Que teñades unha boa semana!
Mil bicos!      😘

domingo, 31 de mayo de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Que tal rapaces e rapazas?
Como vos foi a semana? Imaxino que aproveitariades o bo tempo.  Fóstedes á praia?
Xa estamos en xuño! Só quedan tres semanas para rematar o curso, así que … moito ánimo!


Antes de deixarvos a tarefa para esta semana recórdovos o de sempre:
- Lede ben os enunciados e facede as actividades con calma.
- Non deixedes o traballo para o último día. Procurade entregar no prazo establecido.
- Se tedes dúbidas poñédevos en contacto conmigo.


LENGUA CASTELLANA

Esta semana acabamos el libro El Club de los raros. Os propongo varias actividades:
1- Lectura de los capítulos 16, 17, 18 y 19.



3- Visionado del siguiente corto, hecho por niños, sobre El Club de los raros. El audio no es de muy buena calidad pero resume muy bien la esencia del libro. Espero que os guste.






LINGUA GALEGA

Algúns de vós seguides tendo problemas coas sílabas tónicas e átonas. 
Deixovos unha ficha interactiva. Recordade o procedemento: ao rematar, dádeslle a "Terminado" e "Enviar mis respuestas a mi profesor", escribides os vosos datos, o meu correo (marisadocobo@gmail.com) e "enviar".

FICHA INTERACTIVA SÍLABA TÓNICA



MATEMÁTICAS


Esta semana vamos a repasar "Las medidas de masa".

1- En primer lugar mirad con atención el siguiente vídeo.


2- A continuación os dejo una ficha (para imprimir) para que pongáis en práctica lo aprendido.


3- Para practicar el cálculo os dejo un crucigrama de operaciones. 



Crucigrama de operaciones de cálculo, una ficha interactiva de charobartolo
liveworksheets.com




NATURAIS

Agora vouvos plantexar un reto mediante o que ides aprender sobre: semillas, froitos, pole, follas, ecosistemas … ao mesmo tempo que xogades. (Está en castelán pero válenos igual).

Atendede:

"Nun xardín botánico cometeuse un asasinato. Tedes que convertirvos en detectives e descubrir ao culpable. Atrevédesvos? Tedes que seguir todas as pistas e sobre todo estar atentos ao Bloc de reconto"

Eu xa o conseguín. Resolvín o "Misterio no Botánico".
Mirade o meu diploma.



Ánimo! Cando descubrades o asasino, ides conseguir un diploma coma este, completade os vosos datos, sacádelle unha foto e enviádema

A ver cantos detectives diplomados teño!!! 
Agardo as vosas fotos!!!



MÚSICA

Como van eses instrumentos? 
Seguro que moitos e moitas xa o tedes rematado.
Estou desexando velos!!!
Ánimo e recordade que tedes ata o próximo venres!


INGLÉS

Cruz deixavos unhas actividades interactivas.

INGLÉS ACTIVIDADES INTERACTIVAS

EDUCACIÓN FÍSICA

Mari Paz proponvos unha actividade moi divertida:
"A oca deportiva".
Visitade o seu blog que alí vos explica todo.

"OCA DEPORTIVA"

REFORZA - T

O profe Alejandro deixavos esta actividade. Recordade que só é para o alumnado que asistía a clase de reforzo pola tarde.
O seu correo é: alejandro.reija@edu.xunta.gal

ACTIVIDADE REFORZA - T


RELIXIÓN
Cristina enviavos a  seguinte actividade:

UN CONTO ... UNHA MALETA



Que teñades unha boa semana!!!

Mil bicos!!!😘


domingo, 24 de mayo de 2020

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola, ola!
Que tal? Todo ben?
Pois xa estamos na última semana de maio … O tempo voa!!!

Antes de deixarvos as actividades para estes días quero facervos unhas aclaracións:
1- Lede ben os enunciados e propostas, esta semana recibín tarefas de Relixión de nenos e nenas que non teñen esa asignatura e o mesmo con Reforza - T.
2- As actividades de Inglés, Sociais, Música, Relixión ou Reforza- T debedes enviarllas ao profesor correspondente.
3- É moi importante o visionado dos vídeos que vos envío pois son a explicación teórica.
4- Non deixedes a tarefa para o último día, facede algo cada día. Estou recibindo algúns traballos fóra de prazo!!!
5- Se tedes dúbidas poñédevos en contacto conmigo. Eu responderei con gusto!!!

Resumindo:
 Lede varias veces o que tedes que facer e fixádevos ben!!!

A experiencia coas fichas interactivas resultou ben, verdade?
Pois vou seguir poñendo algunha!

LENGUA CASTELLANA

1- Seguimos con la lectura de El Club de los Raros, esta semana tenéis que leer los capítulos 12, 13, 14 y 15
A continuación os dejo una ficha de comprensión.

FICHA EL CLUB DE LOS RAROS 

2- Comprobé que tenéis fallos con las sílabas tónicas y átonas y la clasificación de palabras en agudas, llanas y esdrújulas, por lo tanto, vamos a repasar.

En primer lugar, mirad el siguiente vídeo. Fijaos bien!!!


A continuación haced la siguiente ficha interactiva, ya sabéis el procedimiento: cuando acabéis, le dais a "Terminado" y "Enviar mis respuestas a mi profesor", rellenáis vuestros datos, mi correo  (marisadocobo@gmail.com) y "enviar".



MATEMÁTICAS 

1- Esta semana vamos a repasar "Las medidas de  capacidad".
En primer lugar quiero que miréis el siguiente vídeo:


A continuación os dejo una ficha para que pongáis en práctica lo aprendido.


2- Non nos podemos olvidar de hacer cálculos y por eso os dejo una "ficha - juego": tenéis que ayudar a Pedro a descifrar una contraseña para poder  jugar a Fornite. 
Leed las instrucciones.

¡Ojo! Descubrí un fallo en la pista 2, debe decir:

"El segundo número de la contraseña se obtiene de la nota verde cogiendo el único número impar que hay en el cociente"

¡A ver si conseguís el reto!

RETO DIVISIONES - FORTNITE

 (En esta ficha no es necesario poner mi correo, tiene enlace directo, solo tenéis que poner vuestros datos)

NATURAIS

Imos repasar "As partes dunha planta"


Partes dunha planta, una ficha interactiva de zapdocente
liveworksheets.com



MÚSICA 

A profe Noelia propónvos unha actividade moi divertida, tedes dúas semanas para realizala. Entrade no blog de música e lede atentamente as instrucións.



EDUCACIÓN FÍSICA

Visitade o blog de Educación Física, Mari Paz deixouvos unha mensaxe e fotos moi "chulas".


INGLÉS

Cruz proponvos unha actividades interactivas.




Que teñades unha boa semana!!!

Bicos!!!


lunes, 18 de mayo de 2020

SEMANA DO 19 AO 22 DE MAIO

Bo día chicos e chicas:
Como vos foi a semana? 
Desfrutástedes do Día das Letras Galegas? E da ponte?

Esta semana é máis corta e polo tanto, pola miña parte, só vos vou enviar actividades de Lengua Castellana e Matemáticas.

Estes días imos experimentar cunha forma nova de traballar, vouvos enviar unha ficha interactiva de matemáticas que teredes que cubrir no mesmo blog. Cando rematedes, presionades en terminado, cubrides os vosos datos, o meu enderezo de correo (marisadocobo@gmail.com) e dádeslle a "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"  e así xa me chega directamente.






A ver como se nos dá? Xa me contaredes!
Se tedes dúbidas ou algún problema, chamádeme!


LENGUA CASTELLANA
Vamos a continuar con El Club de los Raros, en esta ocasión tenéis que leer los capítulos 8, 9, 10 y 11. Fijaos bien y después rellenáis la siguiente ficha de Comprensión.

FICHA EL CLUB DE LOS RAROS

MATEMÁTICAS
Esta semana vamos a repasar algo que trabajamos el curso pasado: Las medidas de longitud (este año tendríamos que ampliar el tema).  ¿Recordáis que hicimos una escalera y la plastificamos? Pues es hora de tenerla a mano. 
En primer lugar quiero que miréis el siguiente vídeo. 
¡Fijaos bien!



A continuación quiero que pongáis en practica lo aprendido y que hagáis la siguiente ficha.

FICHA MEDIDAS LONGITUD

Y por último, os dejo una ficha interactiva:



SOCIAIS
Conchi pediume que vos faga chegar esta ficha, o seu enderezo é:
cfcendoya@edu.xunta.es


INGLÉS
Cruz envíavos unhas actividades interactivas.


MÚSICA
Noelia déixavos unha actividade moi divertida no seu blog.


EDUCACIÓN FÍSICA
Mari Paz déixavos varias propostas no seu blog.


RELIXIÓN
Para o alumnado de Relixión.
Cristina propónvos facer a seguinte ficha. 


  O enderezo de Cristina é: crisguerralopez@hotmail.com

REFORZA - T
Esta actividade é para o alumnado que asistía á clase de Reforza-T polas tardes.
O profe Alejandro déixavos esta actividade voluntaria.

REFORZA-T
O seu correo é: alejandro.reija@edu.xunta.gal

jueves, 14 de mayo de 2020

HOMENAXE ÁS NOSAS LETRAS


Dende a Biblioteca queremos render unha homenaxe ás NOSAS LETRAS, e que mellor forma que recordando as distintas obras que se fixeron nos últimos anos.

Esperamos que disfrutedes!!!


HOMENAXE ÁS NOSAS LETRAS