
Boa tarde!!!
Dende a Biblioteca queremos propoñervos dúas actividades voluntarias que pensamos que poden ser divertidas.
A primeira actividade é para que nos contedes como foi a vosa primeira saída despois de tantos días confinados. Que fixéstedes? Como vos sentístedes?
COMO VOS FOI A SAÍDA Á RÚA?
A outra actividade é relacionada co Día da Nai, pensamos en facer
un novo programa de radio e para iso precisamos da vosa colaboración. Consiste en que fagades unha pequena gravación (como máximo un minuto) onde vos presentedes e respondades ás seguintes preguntas:
Quen é a muller máis importante da túa vida? Por que?
PROGRAMA DE RADIO "DÍA DA NAI"
No hay comentarios:
Publicar un comentario